7/2/11

Piratas na Casa da Lectura

Na Casa da Lectura está prevista esta semana a visita de dous piratas moi perigosos: Anxo Crispo, alias Capitán Calabrote, e Luís Morgan, rei dos bucaneiros miñoranos, que nos traerán poemas, cancións e contos piratas. Se queredes embarcarvos nas súas aventuras lectoras, podedes achegarvos este próximo mércores 9 ás 18:30h á Casa da Lectura (Nogueira, 8 - Donas).


Deixámosvos a continuación algunhas imaxes da sesión de dinamización lectora da semana pasada, na que contamos coa presenza de Camilo Gutiérrez, da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, quen nos contou con moito humor dous contos na linguaxe de signos e nos aprendeu a dicir unha chea de palabras coas mans. Desde Espazo Lectura, grazas, Camilo, por esa tarde tan estupenda, e grazas tamén a Eva, que nos axudou a comunicarnos.






No hay comentarios: