17/10/11

Os autores de "O Fillo da Furia" inauguran a tempada do Lecturas Debuxadas


Este martes 18 de outubro, ás 20.00 horas, comezan as sesións do club de cómic Lecturas Debuxadas da nova tempada. Nesta ocasión, comentaremos o cómic galego O Fillo da Furia (Demo editorial) de Manolo López Poy e Miguel Fernández.

Videoconferencia cos autores
O guionista e o ilustrador do cómic estarán con nós na biblioteca de Gondomar a través dunha videoconferencia. Con eles poderemos charlas na segunda parte da sesión, a partir das 21.00 horas.

O cómic
Toribio, o pseudónimo de Mamed Casanova, foi o bandoleiro galego de principios do século XX que puxo nun brete á Garda Civil en máis dunha ocasión. As súas historias fanse cómic da pluma do xornalista Manolo López e do pincel do deseñador Miguel Fernández. Esta é unha novela negra que presenta a un Toribio que fai memoria sobre a súa vida logo de regresar á súa aldea preto da Coruña, despois de pasar 25 anos no cárcere de Figueres (Girona).

No hay comentarios: